| Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pendik | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Transporte | |||||||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||||||
|
Pistas de aterraxe
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen (IATA: SAW, ICAO: LTFJ) é un dos dous aeroportos internacionais que serven a Istanbul, a cidade máis grande de Turquía (o outro é o aeroporto de Atatürk. Situado a 35 km ao sueste do centro da cidade, Sabiha Gökçen atópase na parte asiática e é centro de conexións para Pegasus Airlines, ademais dunha base para Turkish Airlines e Borajet. Foi bautizado na honra de Sabiha Gökçen, a primeira piloto de combate de Turquía e filla adoptiva de Mustafa Kemal Atatürk, o presidente fundador da República de Turquía.
Historia
[editar | editar a fonte]O aeroporto construíuse debido a que o aeroporto de Atatürk, situado no lado europeo, non era o suficientemente grande para satisfacer a crecente demanda de pasaxeiros, tanto domésticos como internacionais. En xuño de 2007 o consorcio formado polo conglomerado turco Limak Holding, o grupo indio GMR Group e Malaysia Airport Holding Berhad (MAHB) gañou o contrato para mellorar e manter o aeroporto. A mediados de 2008 comezaron as obras para ampliar a terminal internacional e conseguir unha capacidade de 25 millóns de pasaxeiros anuais. A nova terminal inaugurouse o 31 de outubro de 2009.
A capacidade da terminal internacional era orixinalmente de 3 millóns de pasaxeiros por ano, e a doméstica tiña unha capacidade de 0,5 millóns anuais. No ano 2010 por Sabiha Gökçen pasaron 11 129 472 pasaxeiros, un incremento dun 71% con respecto a 2009.[1] No ano 2011 prevíase que se alcanzarían os 25 millóns cara 2023,[2] pero no ano 2015 pasaron polo aeroporto máis de 28 millóns de pasaxeiros.
Con 29 577 735 pasaxeiros e 206 180 operacións en 2016, Sabiha Gökçen é o segundo aeroporto cunha única pista máis concorrido do mundo (Londres-Gatwick ten dúas pistas pero só pode operar como un aeroporto dunha única pista). A día de hoxe estase a construír unha segunda pista que debería estar operativa no ano 2019.[3]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Air Algérie | Orán |
| Air Arabia | Sharjah |
| Air Arabia Jordan | Amán |
| Air Arabia Maroc | Casablanca |
| Air Manas | Bixkek |
| AtlasGlobal | Estacional: Antalya, Bodrum, Dalaman, Esmirna, Jeddah |
| Azerbaijan Airlines | Baku |
| Buta Airways | Baku[4] |
| Eurowings operado por Germanwings | Estacional: Berlín-Tegel, Colonia/Bonn, Hamburgo, Stuttgart |
| FlyBaghdad | Bagdad, Najaf |
| flydubai | Dubai-Internacional |
| Flynas | Jeddah, Madinah, Riad |
| Jordan Aviation | Chárter: Amán-Civil |
| Nile Air | O Cairo |
| Pegasus Airlines | Abu Zabi,[5] Adana, Almati, Amasya/Merzifon, Ámsterdam, Ankara, Antalya, Atenas, Bagdad, Bahrain, Balıkesir/Edremit, Barcelona, Basilea/Mulhouse, Batman, Beirut, Belgrado, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Bixkek, Bodrum, Boloña, Bucarest, Budapest, Charleroi, Colonia/Bonn, Copenhague, Dalaman, Denizli, Diyarbakır, Doha, Dubai-Internacional, Düsseldorf, Elazığ, Arbil, Erzincan, Erzurum, Frankfurt, Gaziantep, Gazipaşa, Xenebra, Grozny, Hamburgo, Hatay, Hurghada, Esmirna, Kahramanmaraş, Kastamonu, Kars, Kayseri, Khárkiv, Konya, Krasnodar, Kuwait, Londres-Stansted, Lviv, Lión, Madrid, Malatya, Mardin, Marsella, Milán-Malpensa, Mineralnye Vody, Moscova-Domodedovo, Múnic, Münster/Osnabrück, Muş, Nevşehir, Niza, Nicosia-Ercan, Nizhnii Novgorod,[5] Nürnberg, Oslo-Gardermoen, Ordu-Giresun, París-Orly, Praga, Pristina, Roma-Fiumicino, Saint-Étienne, Samara,[5] Samsun, Şanlıurfa, Saraxevo, Sharm el-Sheikh, Sivas, Skopje, Estocolmo-Arlanda, Stuttgart, Sulaymaniyah, Tbilisi, Teherán-Imán Khomeini, Tel Aviv-Ben Gurion, Tirana, Trebisonda, Van, Volgogrado,[5] Viena, Zaporizhia, Zürich |
| Qatar Airways | Doha |
| SunExpress | Antalya, Esmirna |
| Turkish Airlines | Abu Zabi, Ámsterdam, Ankara, Antalya, Bagdad, Barcelona, Basora, Berlín-Tegel, Bodrum, Bruxelas, Colonia/Bonn, Copenhague, Dalaman, Dubai-Internacional, Düsseldorf, Frankfurt, Esmirna, Jeddah, Kuwait, Londres-Gatwick, Milán-Malpensa, Múnic, Nicosia–Ercan, París-Charles de Gaulle, Riad, Roma-Fiumicino, Estocolmo-Arlanda, Stuttgart, Tbilisi, Teherán-Imán Khomeini, Tel Aviv-Ben Gurion, Viena Estacional: Arbil |
| Turkish Airlines operado por AnadoluJet | Adana, Ankara, Bodrum, Dalaman, Diyarbakır, Edremit, Erzurum, Gaziantep, Hatay, Kars, Kayseri, Mardin, Nevşehir, Ordu-Giresun, Samsun, Sivas, Trebisonda, Van, Erzincan |
| Wings of Lebanon | Chárter: Beirut |
Carga
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| ASL Airlines Belgium | Liexa |
| Buraq Air | Misurata |
| Cargolux | Amán-Raíña Alia, Luxemburgo |
| CAVOK Air | Lviv |
| Ethiopian Airlines Cargo | Adís Abeba, Liexa |
| MNG Airlines | Leipzig, Barcelona, París-Charles de Gaulle, Doha |
| MyCargo Airlines | Baku, Beirut, Frankfurt, Liexa |
| Silk Road Cargo | Tashkent |
| Silk Way Airlines | Baku |
| Ukraine Air Alliance | Lviv, Kíiv-Boryspil |
| ULS Airlines Cargo | Beirut, Misurata, Talín, Trípoli |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estadísticas de tráfico 2010". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ Hurriyet (ed.). "Sabiha Gökçen'de rekor yolcu sayısı". Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ "World`s busiest single-runway commercial airports". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ Buta Airways (ed.). "Timetable of Buta Airways flights". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 "Pegasus adds new international routes from June 2017". routesonline. Consultado o 5 April 2017.
