◐ Shell
reader mode source ↗
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfabeto armenio
 Nome orixinal
   Հայոց գրեր (hy)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Uso
Características
 Aspecto de
 Baseado en
 Lingua
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
década de 400 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/011pm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O alfabeto armenio foi creado segundo a lenda no ano 405 por San Mesrop Mašťoc. Permitiu así que o armenio se convertese nunha lingua escrita, o grabar. A Biblia foi o primeiro texto que se traduciu en grabar polo propio Mesrop Mašťoc. A forma máis antiga de escritura armenia, que foi utilizada ata o século XI, é coñecida baixo o nome de erkaťagir (isto é, letras de ferro). É a escritura coa que os armenios escriben a súa lingua, o armenio.

O alfabeto armenio ten non menos de trinta e nove caracteres e, a diferenza das linguas semíticas utilizadas nos países veciños do leste e do sur do Cáucaso, posúe unha notación íntegra das vogais. Como estas letras só teñen unha posibilidade de lectura, o alfabeto armenio constitúe un instrumento de gran precisión fonética. Toma do grego vinte e dous sons aos que atribúe os seus propios signos e engade catorce signos destinados a notar sons estraños ao grego.

A escritura armenia, como a grega, coa que está parcialmente emparentada, posúe maiúsculas e minúsculas. As formas dos signos do alfabeto armenio están bastante inspiradas nas dos caracteres persas que daquela se empregaban en Armenia. Como este alfabeto parecía que era perfecto desde o principio, non ten sufrido modificacións ao longo dos séculos.

Características

[editar | editar a fonte]

Ao principio, o alfabeto estaba formado por unha soa serie de caracteres de tipo uncial (erkaťagir), que logo se converteron nas maiúsculas do alfabeto moderno. Estas últimas, tamén chamadas letras de ferro vense hoxe completadas por unha serie de minúsculas (bolorgir ou 'letras redondas').

Cara ao fin da Idade Media apareceu unha escritura cursiva (notrgir), de uso en tipografía e que equivalía en uso á nosa itálica. Esta escritura, hoxe desusada, é substituída por outra con caracteres de aspecto ergueito, o aramian, do nome do seu creador.

O bolorgir, pola súa banda, ten evolucionado para se facer máis doado de ler, pero conservando o seu aspecto inclinado.

O armenio escríbese de esquerda a dereita.

LetraMinúsculaMaiúsculaTranscriciónValor núm..
Ayp աԱa1
Pen բԲb2
Kim գԳg3
Da դԴd4
Yech` եԵe5
Za զԶz6
Eh էԷē7
Ët` ըԸə8
T`o թԹt῾9
Zhe ժԺž10
Ini իԻi20
Liun լԼl30
Xeh խԽx40
C'a ծԾc50
Ken կԿk60
Ho հՀh70
Dz'a ձՁj80
Ghat ղՂł90
Cheh ճՃč100
Men մՄm200
Yi յՅy300
Nu նՆn400
Sha շՇš500
Vo ոՈo600
Ch`a չՉč῾700
Peh պՊp800
Jheh ջՋǰ900
Rra ռՌ1000
Seh սՍs2000
Vew վՎv3000
Tiun տՏt4000
Reh րՐr5000
C`o ցՑč6000
Hiun ւՒw7000
P`iur փՓp῾8000
K`eh քՔk῾9000
Oh օՕō10000
Feh ֆՖf20000

Signos de puntuación e de acento

[editar | editar a fonte]
Nome Carácter
Pequena ligatura Ech` Wiwn (utilizada como &) և
Letras acentuadas
Modificador medio-anel esquerdaՙ
Apóstrofo = Modificador armenio medio-anel dereito ՚
Marca de énfase de modificador = Shesht՛
Puntuación
Marca de exclamación = Bac`aganch`akan Nshan ՜
Coma = Bowt`՝
Marca de interrogación = Harc`akan Nshan՞
Marca de abreviatura = Patiw՟
Punto = Verjhaket։
Guión = Ent`amnay֊

Armenio en Unicode

[editar | editar a fonte]

Os caracteres armenios en Unicode van de U+0530 a U+058F.

  0123456789ABCDEF
530  ԱԲԳԴԵԶԷԸԹԺԻԼԽԾԿ
540 ՀՁՂՃՄՅՆՇՈՉՊՋՌՍՎՏ
550 ՐՑՒՓՔՕՖ  ՙ՚՛՜՝՞՟
560 ՠաբգդեզէըթժիլխծկ
570 հձղճմյնշոչպջռսվտ
580 րցւփք