Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Partido Nacionaldemocrático de Alemaña |
|---|
|
|
Instancia de
| |
| | |
Nome orixinal
Die Heimat (de) Nationaldemokratische Partei Deutschlands (NPD) (de) | |
Nome oficial
Die Heimat (de) Nationaldemokratische Partei Deutschlands (de) | |
Epónimo
|
|
|
|
|
| |
Secretario/a
Peter Marx valor descoñecido 2014 | |
Membro de
| |
Órgano de prensa
| |
Organización xuvenil
|
|
|
|
Fundación / creación
28 de novembro de 1964 |
|
|
|
Acontecementos importantes
| |
| |
Substitúe
|
|
|
Número de membros
6.701 (1990)6.412 (1991)5.226 (1992)4.386 (1993)3.346 (1994)3.294 (1995)3.240 (1996)4.288 (1997)5.980 (1998)6.079 (1999)6.053 (2000)6.102 (2001)5.432 (2002)4.652 (2003)4.918 (2004)6.379 (2005)6.694 (2006)7.014 (2007)6.782 (2008)6.732 (2009)6.376 (2010)5.774 (2011)5.371 (2012)5.048 (2013)5.066 (2014)4.845 (2015)4.549 (2016)4.048 (2017)3.568 (2018)3.358 (2019)3.199 (2020)
|
|
|
|
|
|
Sede
| |
Área de operación
| |
Lugar de formación
| |
País
|
|
|
|
|
Páxina WEB
| |
Descrito pola fonte
| |
|
| Wikidata C:Commons |
O Partido Nacionaldemocrático de Alemaña (en alemán: Nationaldemokratische Partei Deutschland) é un partido político alemán de extrema dereita fundado o 28 de novembro de 1964 como sucesor do Partido do Imperio Alemán.
Entre 1966 e 1969 entrou en sete Landtage, Baviera (15 deputados), Baden-Württemberg (12), Baixa Saxonia (10), Bremen (8), Renania-Palatinado (4) e Schleswig-Holstein (4). Nas eleccións federais de 1969 quedou sen representación no Bundestag co 4.3% dos votos e o partido entrou en crise quedando a partir de 1972 sen representación en ningún parlamento estatal.
Desde 1996 está dirixido por Udo Voigt e o NPD experimentou un avance electoral e estableceu acordos electorais con outro partido da extrema dereita, a Unión do Pobo Alemán para non competir electoralmente, así o NPD entrou no parlamento de Saxonia en 2004 co 9% dos votos e en 2006 (12 deputados) no de Mecklemburgo-Antepomerania co 7.3%. Nas eleccións federais de 2005 recibiu o 1.6% dos votos, e tiña arredor de 6000 militantes (2006).
No ano 2003 o goberno e as dúas cámaras do parlamento tentaron ilegalizar o partido pero tras unha investigación descubriuse que unha parte dos dirixentes nacionais do partido eran axentes infiltrados do Ministerio do Interior e o Tribunal Constitucional non puido establecer cales eran as decisións xenuínas do partido e cales influenciadas polos axentes infiltrados para favorecer a súa ilegalización.
O NPD está contra a OTAN, é crítico coa Unión Europea e está contra a incorporación de Turquía nela, avoga por revisar as fronteiras de Alemaña para establecer o límite oriental na Liña Oder-Neisse.