Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Voo 140 de China Airlines |
|---|
|
|
|
|
|
Data
26 de abril de 1994 |
|
|
|
|
Localización
| |
Lugar de saída
| |
Lugar de chegada
| |
País
| |
Coordenadas
|
|
|
|
Número de feridos 7 | |
Mortes 264 | |
Número de superviventes 7 |
|
|
|
|
| Wikidata C:Commons |
O voo 140 de China Airlines era un voo regular de pasaxeiros entre o aeroporto internacional Chiang Kai-shek (hoxe en día aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan), en Taiwán, e o aeroporto de Nagoya, no Xapón.
O 26 de abril de 1994 o Airbus A300B4-622R que operaba a ruta estaba aproximándose a Nagoya cando chocou contra o chan, matando 264 das 271 persoas a bordo.
Ata a data é o peor accidente da historia de China Airlines, e o segundo con máis vítimas mortais en chan xaponés, tras o voo 123 de Japan Airlines.[1]
O 26 de abril de 1994 o Airbus A300B4-622R estaba completando a aproximación cando, xusto antes de aterrar en Nagoya, o primeiro oficial premeu sen querer o botón Takeoff/Go-around (tamén chamado TO/GA e que en galego viría ser "engalaxe/motor e ao aire") o que aumentou a posición do acelerador ata situarse na mesma que nas engalaxes e nas manobras de motor e ao aire.[2]
Os pilotos intentaron corrixir manualmente a situación reducindo os aceleradores e empurrando os mandos cara a abaixo. O piloto automático actuou entón en contra das accións dos pilotos (como estaba programado que fixese no caso de que o botón TO/GA estivese activado), causando que o nariz se inclinase bruscamente. O nariz alto, combinado coa diminución da velocidade do aire debido á potencia insuficiente, levou a unha perda aerodinámica do avión. Cunha altura insuficiente para recuperalo desa condición, o aparello esnafrouse matando 264 dos 271 ocupantes do avión.
O accidente, que esnaquizou o avión (entregado menos de 3 anos antes), foi atribuído a un erro da tripulación por non ser capaz de corrixir os controis e a velocidade do aire. Nove meses antes Airbus advertira os seus clientes de facer unha modificación no sistema de voo que podía desconectar completamente o piloto automático "cando se aplicaban certas entradas a controis manuais na roda de control do modo go-around",[3] que incluiría o movemento cara a adiante da columna de control que os pilotos fixeron no voo. O avión accidentado tiña que recibir a actualización a seguinte vez que necesitase unha parada longa de mantemento, debido a que "China Airlines xulgou que as modificacións non eran urxentes".[3] Considerouse que eses factores incidiron no accidente, despois de que o erro primario dos pilotos de facerse co control da situación comezase.[2]